Nu se pretează? Nu contează! La noi puteți returna bunurile în 30 de zile
Cu un voucher cadou nu veți da greș. În schimbul voucherului, destinatarul își poate alege orice din oferta noastră.
30 de zile pentru retur bunuri
Vigo, puro milagre reúne medio cento de crónicas, escritas entre aemoción biográfica e a contención política, que ensaian unha teoría de Vigo como cidade de ferro e mel, como abella da ribeira e cidadeatlántica en bisbarra, celme e cifra da Galicia contemporánea. Coformato dunha guía sentimental, afastada de tópicos e saudadeslocalistas, estes textos afondan na procura da esencia do Vigocontemporáneo, dunha cidade orgullosamente galega, volcán dedinamismos, cidade estrépito de corazón celeste, obreira, aldeá,mariñeira, amante da ansia perdida. Prosas viguesas polas que circulan os tranvías metropolitanos, aactividade e o bulir de comercios e mercados, os conflitos obreiros eos naufraxios, os traballos da ribeira e da ardora, a ledicia dasfestas tradicionais, as receitas de larpeiradas e noites sinaladas, as angueiras de barrios, parroquias e xentes humildes dunha cidadeguindastre, contraditoria, capaz de facerse, desfacerse e refacersecoma espiral. Vigo, puro milagre!