Nu se pretează? Nu contează! La noi puteți returna bunurile în 30 de zile
Cu un voucher cadou nu veți da greș. În schimbul voucherului, destinatarul își poate alege orice din oferta noastră.
30 de zile pentru retur bunuri
Nocturnos, a máis recente entrega dramatúrxica de Manuel Lourenzo, constitúe unha tríada de pezas singulares pola súa ubicación a respecto do que chamamos "realidade". Non están evidentemente -para quen coñeza a obra do autor- na superficie dunha escena conformista, nin no argumental nin no formal. Xoana, raíña propietaria de Castilla, abraza un cadáver momificado, camiño dunha lapidación que dura catro décadas; a cripta dos Capuletos, que se anima coa infancia revivida dos que foran amantes unha noite, cando A lúa pon o ovo en Verona; os actores a ensaiar as secuencias dun filme na mesma mansión onde aconteceran os sucesos que narra Henry James no relato en que se inspira o quión orixinal, en Aquela historia de Bly...Tres historias, tres dramas revestidos de ironía, como un veo de gasa que nunca pretende ocultar o horror, só matizalo.