Nu se pretează? Nu contează! La noi puteți returna bunurile în 30 de zile
Cu un voucher cadou nu veți da greș. În schimbul voucherului, destinatarul își poate alege orice din oferta noastră.
30 de zile pentru retur bunuri
Vicente Araguas achégase aos dominios de Manuel María disposto a falar del tal como o coñeceu, a entrar devagar no libro seu que máis estima, Andando a Terra, a analizaros dous libros de poemas de Manuel María no seu ?annus mirabilis?, 1954; a facer o propio con ese libro clandestino, nada rexeitable, en español, que tan parece que os adeptos queiran borralo do mapa; a escoitar a música da súa voz no disco que gravara en Edigsa comezando así o proceso da serie Xistral e, xa que logo, A NovaCanción Galega. Este libro, testemuño dun home, heroe este ano do Día das Letras Galegas, responsable ?xa que logo? de que a xente do común saiba que un idioma é,tamén, literatura.