Nu se pretează? Nu contează! La noi puteți returna bunurile în 30 de zile
Cu un voucher cadou nu veți da greș. În schimbul voucherului, destinatarul își poate alege orice din oferta noastră.
30 de zile pentru retur bunuri
Imos cazar un oso, un oso grande e fabuloso. Oh, que fantástico día! Ninguén lle ten medo ao oso! Oh-ooh! Herba! Herba alta e mesta. Por riba non podemos pasar. Por baixo non podemos pasar. Oh! Non! Terémola que atravesar! Un pai e os seus catro fillos inician unha aventura que os levará a ir atravesando un campo de herba, un río, un bosque... ata que finalmente chegan a unha cova na que aparece un oso que os fai fuxir desandando a toda présa o camiño de volta á casa. A partir dunha canción tradicional, Michael Rosen elabora un texto sinxelo cunha estrutura rimada e repetitiva que, no clímax do relato, invirte a orde de todas as accións. È un álbum ideal para primeiros lectores. Ao intercalar onomatopeas que describen os movementos da familia, resulta un conto moi dinámico. Ademais, recrea un ambiente sonoro propicio para ser contado e para involucrar o público infantil na narración.