Nu se pretează? Nu contează! La noi puteți returna bunurile în 30 de zile
Cu un voucher cadou nu veți da greș. În schimbul voucherului, destinatarul își poate alege orice din oferta noastră.
30 de zile pentru retur bunuri
Na illa volcánica de Estigma, a vida vese ameazada polas pegadas do pasado. A desconfianza aniña no seo dunha parella, dous irmáns afrontan o destino que levan marcado na pel, unha persoa acabada de chegar investiga un masacre e do remoto continente chega un descoñecido. Historias todas que se entretecen nunha trama chea de suspense.Froito da colaboración dramatúrxica de Jacobo Paz, Rubén Ruibal e Vanesa Sotelo, Estigma contén imaxes poderosas, un percorrido inquietante e unha visión pouco optimista respecto ao ser humano. É unha obra creada a partir da colisión de tres forzas da natureza, que son os tres dramaturgos. Cada un deles é como unha placa tectónica que choca coas outras. Estigma é un produto desa colisión e aí naceu a illa onde se desenvolve a peza. As ideas dos tres conformaron puntos de ruptura, ambigüidades, motivos que cada un deles desenvolve dunha maneira diferente, un universo polisémico. Esa é a gran riqueza da peza. Estigma é tamén unha distopía postecnolóxica. É dicir, unha utopía negativa. Un mundo idílico pero escuro, angustioso e pesimista.
Bună ziua! Sunt Libroamiko, consilierul dumneavoastră de cărți.
Cu ce vă pot ajuta?