Nu se pretează? Nu contează! Puteți returna produsele în până la 30 de zile
Cu un voucher cadou nu veți da greș. În schimbul voucherului, destinatarul își poate alege orice din oferta noastră.
Până la 30 de zile pentru returnare
Co título de Ensaios, sátiras e aforismos, este libro acolle once traballos do grande escritor irlandés Jonathan Swift (1667-1745), autor tan descoñecido como coñecida é a súa obra máis sobranceira: As viaxes de Gulliver. Temos aquí exemplos do eido no que máis destacou (a sátira) con opúsculos como Meditación acerca dunha vasoira, Un relato fiel e verdadeiro do que sucedeu en Londres, O conde de Wharton e Unha modesta proposición, ensaios da calidade de A arte da mentira política, Apuntamentos cara a un ensaio sobre a conversación e Breve panorama sobre a situación de Irlanda, epigramas como os recollidos en Resolucións para cando cheque a vello ou Pensamentos e aforismos, unha selección do seu libro máis coñecido (As viaxes de Gulliver: unha escolma sociopolítica) e un texto singular que nos presenta ao Swift máis íntimo ante o maior infortunio da súa vida: Na morte da señora Jkohnson (Stella). Cómpre sinalar que a maioría destes textos, prologados, anotados e traducidos directamente do inglés polo profesor Abel López son inéditos non só en galego, senón en calquera outra lingua da península Ibérica. Traducido do inglés por: Abel López Rodríguez
Bună ziua! Sunt Libroamiko, consilierul dumneavoastră de cărți.
Cu ce vă pot ajuta?