Nu se pretează? Nu contează! La noi puteți returna bunurile în 30 de zile
Cu un voucher cadou nu veți da greș. În schimbul voucherului, destinatarul își poate alege orice din oferta noastră.
30 de zile pentru retur bunuri
A loucura como vivencia, a loucura como metáfora, como agudísimaconciencia da dor de estar vivo. Esta é unha historia dura, triste,abrumadora, o relato da loita dunha corredora de marathon exhausta que procura o derradeiro alento para chegar á meta. Narrada nunha ambigua voz que cami?a sobre o gume, que se amarra á linguaxe para nonperderse, para exorcizar un mal que ameaza con esfarelar todaidentidade, esta novela enfróntanos ao proceso da enfermidade mentalcomo unha lenta e consciente deriva cara á escisión e a exclusión. Unliteral descenso aos infernos ante o que a psiquiatría revela toda asúa impotencia.Dark butterfly é unha novela memorable, unha obra que deixa unha fonda pegada emotiva. A confirmación literaria dunha autora afouta queexplora coa maior sutileza e profundidade unha das caras máis fráxiles e agochadas da condición humana.