Nu se pretează? Nu contează! La noi puteți returna bunurile în 30 de zile
Cu un voucher cadou nu veți da greș. În schimbul voucherului, destinatarul își poate alege orice din oferta noastră.
30 de zile pentru retur bunuri
?Lembro, sendo ben neno, que nas mañás dos domingos acordaba eu no leito con ese saúdo radiofónico, que alegremente repetía para min a miña nai mentres me abalaba para me escorrentar o demorado sono domingueiro.Miña nai, sempre o fixo así, xa estaba ó tanto cando viña chegando a hora, escoitando Radio Carve a pouca voz. E xusto, xustiño cando comezaba a nosa emisión, bulía a lle dar todo o volume berrando ela tamén un ¡Bos días, galegos. Eiquí Sempre en Galicia! en resposta ó saúdo que nos chegaba do éter.E naquela media hora (unha media hora que, segundo as queixas da miña nai, adoitaba non pasar moito dos vinte minutos) a nosa casa enchíase toda cos aires da Terra. Unha Terra da que eu non tiña, non podía ter, lembranza ningunha?.Montevideo, 1950.A voz dos galegos sae por primeira vez ó ar.