Nu se pretează? Nu contează! La noi puteți returna bunurile în 30 de zile
Cu un voucher cadou nu veți da greș. În schimbul voucherului, destinatarul își poate alege orice din oferta noastră.
30 de zile pentru retur bunuri
O coleccionismo segue a ser unha das principais actividades do ámbito artístico, resultado dun sistema no que conflúen e colaboran profesionais de distintas disciplinas e campos. Faise necesario reflexionar sobre esta actividade, aínda nun momento socioeconómico no que as reducións de orzamentos levan as políticas expositivas a un panorama onde, en moitos casos, as programacións se basean en revisións de coleccións. Esta publicación trata de analizar a actividade coleccionista das últimas décadas dentro e fóra de Galicia, a través das achegas e experiencias de diferentes profesionais que desenvolven o seu traballo en coleccións privadas e públicas, entendendo o coleccionismo dentro duns parámetros que se van abrindo cara a outras vías e formatos.