Nu se pretează? Nu contează! Puteți returna produsele în până la 30 de zile
Cu un voucher cadou nu veți da greș. În schimbul voucherului, destinatarul își poate alege orice din oferta noastră.
Până la 30 de zile pentru returnare
"Aldea Buxán" é un libro singular, escrito por un emigrante que recorda o eido orixinario e a el retorna coa memoria cada pouco.Escribe "Koki" nunha lingua rica en léxico e matices, coloquial, verdadeira. Non é a súa unha lingua ?de dicionarios? como diría Fernández del Riego, senón algo que flúe coa sinxeleza dun regueiro dos nosos montes. A autenticidade, como neste caso, ha de ser a primeira condición instrumental de quen se propón facer arte coa palabra escrita.Neste libro hai, se nos atemos a certos matices e definicións convencionais, contos, estampas, cronicas; en fin, narracións. García Márquez dixo nunha ocasión que nun tempo só sabía que quería contar algo, transmitir algo e non lle importaba se era literatura ou xornalismo, historia ou artigo.Aquí, afortunadamante, temos de todo. Vemos que a transhumancia non lle impide a "Koki" o vencello coa lingua galega e con Galicia. Máis ben o reafirma, como reafirma a súa vocación literaria e que nos traslada, nun xeito moi persoal de contar, a mundos diversos cunha linguaxe de gran madurez e autenticidade.
Bună ziua! Sunt Libroamiko, consilierul dumneavoastră de cărți.
Cu ce vă pot ajuta?