Nu se pretează? Nu contează! Puteți returna produsele în până la 30 de zile
Cu un voucher cadou nu veți da greș. În schimbul voucherului, destinatarul își poate alege orice din oferta noastră.
Până la 30 de zile pentru returnare
Nesta obra tratouse de sintetizar da maneira máis rigorosa, didáctica e divulgativa posible os grandes contidos, conceptos e categorías que constitúen e definen a esta disciplina académica máis que bimilenaria chamada ciencia política. A través destas páxinas poderase facer un rápido percorrido pola historia da disciplina, desde as súas orixes ata a actualidade, descubrindo todos aqueles contidos ontolóxicos, epistemolóxicos e metodolóxicos que aos poucos foron contribuíndo ao seu nacemento, autonomía, consolidación, institucionalización, profesionalización e universalización. Iso permitirá coñecer non só os distintos obxectos de estudo que foron conformando a evolución conceptual da disciplina politolóxica (a política, o poder, a lexitimidade, o estado, a democracia, a gobernanza?), senón tamén a algúns daqueles autores que máis contribuíron a que o coñecemento acerca da política alcanzase esa esixencia de cientificidade e excelencia académica que hoxe posúe.