Nu se pretează? Nu contează! La noi puteți returna bunurile în 30 de zile
Cu un voucher cadou nu veți da greș. În schimbul voucherului, destinatarul își poate alege orice din oferta noastră.
30 de zile pentru retur bunuri
Os dicionarios Xerais definen baloira como "pértego ou vara longa que se emprega para sacudir as árbores e provocar que caia a froita". Este libro recolle case dous centenares de textos que abanean a vizosa árbore da vida cotiá para lle tirar temas sobre os que o cronista aplica a súa imaxinación e oficio, convencido, como Augusto Monterroso, de que a realidade máis inmediata é fonte inesgotable sobre a que o contista pode actuar coa seguridade de que a súa arte e o seu esforzo serán o único método de lle infundir eternidade e verdadeira vida a aquel momento que pasa como lóstrego fuxidío camiño do esquecemento. Compostela como espazo de conformación de cidadanías, as literaturas e as linguas, os mundos, a universidade e os amigos son algúns dos eixos temáticos dunha obra chamada a converterse en referencia do xornalismo literario galego contemporáneo.