Nu se pretează? Nu contează! La noi puteți returna bunurile în 30 de zile
Cu un voucher cadou nu veți da greș. În schimbul voucherului, destinatarul își poate alege orice din oferta noastră.
30 de zile pentru retur bunuri
O labirinto da saudade traza un movimento feliz entre a vivencia, a experiencia directa e a súa elaboración intelectual, á luz da longa tradición de estudos sobre a saudade. Neste ensaio, á par fondo e leve, son conxugados e procurados con harmonía e en equilibrio a creación e o saber, até achegar unha perspectiva diferente e orixinal, que recolle os contributos doutros pensadores, beneficiándose da súa riqueza. A partir da experiencia psicolóxica persoal da morriña e a saudade, ligada a lugares (unha ría, unhas praias), tempos (o verán, as vacacións) e épocas (a infancia, a adolescencia e xuventude), o autor fai un percurso, reflexionando, lembrando, interpretando, por algúns dos moitos vieiros que as culturas galega e portuguesa foron abrindo ao redor da saudade: a filosofía (Ramón Piñeiro, Teixeira de Pascoaes e António Sérgio, Carolina Michaëlis, Andrés Torres Queiruga, Paulo Borges), a pintura (Henrique PousÆo, António Carneiro... Silva Porto), a escultura (Soares dos Reis), a poesía (Pondal... Carvalho Calero, Avilés de Taramancos). Deambulando entre Galiza (O Pedrido, Ponteceso, A Coruña, Corme... Miño) e Portugal (Caminha, Luso, Amarante, Lisboa, O Alentexo... Porto), paso a paso, de autor en autor e de obra en obra, vai perfilándose, elaborándose e propóndose unha nova concepción filosófica da saudade que fai énfase nas dimensións comunicativa e colectiva, así como no aspecto activo e no contexto solidario